miércoles, 30 de abril de 2008

I TORNEO CADETE INTERNACIONAL 2008 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

 

A próxima fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de maio, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o I Torneo Cadete Internacional "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Coia" no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Eijo Garay.

 

O sábado 3 de maio terá lugar a primeira xornada do Torneo Internacional e os equipos participantes neste torneo son: o Cadete Masculino "C" do C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo), Juventude Pacense (Portugal), Canteiras Porriño "B" (O Porriño), Eduardo Blanco Amor (Ourense), Básquet Coura (Portugal) e o Infantil Masculino "B" do C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo).

 

O domingo 4 de maio será o turno para o Torneo Internacional do Cadete Masculino "B" do C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo) no que participarán ademais do noso equipo o C.B. Baiona (Baiona), COB Salesianos (Ourense), G.D.G. Gafanha (Portugal), F.C. Porto (Portugal) e C.B. Vigo (Vigo).

 

Entre os seis equipos participantes en cada xornada do torneo se realizarán dous grupos de tres equipos cada un. Pola mañá se xogarán os partidos de clasificación en cada grupo e pola tarde se xogará a fase final do torneo:

 

- 3º Grupo A Vs 3º Grupo B (5º e 6º posto)

- 2º Grupo A Vs 2º Grupo B (3º e 4º posto)

- 1º Grupo A Vs 1º Grupo B (Final)

 

Próximamente se publicará nesta páxina web o cadro de partidos, os grupos, os calendarios e os horarios dos partidos do I Torneo Internacional Cadete organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, como unha das novas iniciativas da Dirección Deportiva nesta tempada 2007-08.