Esta fin de semana comeza a última fase do Trofeo Diputación de Pontevedra 2007/08 de categoría alevín masculina e mixta. Nesta segunda fase participarán os dous equipos alevíns masculinos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
O Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro, Seis do Nadal "A", participará nas semifinais da competición, despois de conseguir o primeiro posto do Grupo A2 seguido do Canteiras "A" e xunto ao Colexio Ándersen e ao Colexio García Barbón, primeiros clasificados do grupo de equipos mixtos.
As semifinais enfrontarán ao noso equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e ao Colexio Ándersen, e na outra semifinal xogaran o Canteiras "A" contra o Colexio García Barbón. Podedes consultar o calendario desta fase final do Trofeo Diputacion de Pontevedra pulsando aquí.
O Seis do Nadal "B", clasificado en 8ª posición do Grupo A2, xogará polos postos 11º, 12º e 13º xunto a Colexio Mariano Masculino e A.G. Castro San Miguel. Para acceder ao calendario deste grupo pulsar aquí.


