O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente na V Festa de Minibásquet do Monçao Basket Club que se celebrou esta fin de semana do 26 e 27 de abril do 2008 en Monçao con dous equipos de categoría alevín: o Alevín Masculino "B", adestrado por Sergio González, e o Alevín Feminino "B", adestrado por Aalí Mohamed; ambos equipos formados integramente por xogadores e xogadoras de primeiro ano.
Entre outros moitos equipos, participaron nesta Festa de Minibásquet o Monçao BC, SC Coimbroes, ED Limiana, CB Caselas, Vitória de Guimaraes, Juventude de Guimaraes, PT Coimbra, CB Unió Cerdanyola (Barcelona), Olivais de Coimbra, Porriño Baloncesto Base, Airexa Nigrán e moitos outros.
Durante toda a fin de semana, os nosos deportistas pudieron disfrutar dunha festa do baloncesto onde tiveron a oportunidade de xogar diversos partidos contra os equipos participantes e ademais puideron aproveitar os momentos libres para coñecer novos amigos e amigas e para gozar dunha gran xornada de convivencia.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos agradecer ao Monçao Basket Club a súa invitación para a súa Festa do Minibásquet, festa que tivo unha gran participación e unha gran acollida por parte dos nosos xogadores e xogadoras.











