O próximo domingo 20 de abril do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia vivirá unha intensa xornada de baloncesto. Esta xornada comezará a primeira hora da mañá coa chegada dos deportistas do FC Porto que visitarán as nosas terras para disputar partidos amigables contra os nosos conxuntos.
De xeito paralelo a estes encontros amigables, o Seis do Nadal organiza un Torneo 3x3 en tódalas súas categorías. A acollida e a inscrición deste Torneo 3x3 foi todo un éxito chegando a sobrepasar as expectativas da organización. Máis de 200 xogadores e xogadoras inscritos e un total de 51 equipos anotados participarán nesta nova iniciativa do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Proximamente se publicará nesta páxina web o cadro dos equipos participantes, a forma de xogo de cada categoría e os horarios dos partidos deste primeiro, e de seguro inesquecible, Torneo 3x3 que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia como actividade paralela á visita dos equipos do FC Porto.


