Mañá domingo 20 de abril do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia vivirá unha intensa xornada de baloncesto. Esta xornada comezará ás 10:30 horas da mañá coa chegada dos deportistas do FC Porto que visitarán as nosas terras para disputar partidos amigables contra os nosos conxuntos.
De xeito paralelo a estes encontros amigables e ao longo de todo o día, o Seis do Nadal organizará un Torneo 3x3 en tódalas súas categorías que conta con máis de 200 deportistas inscritos e con 51 equipos participantes.
Podedes consultar os cadros de equipos e os cadros de partidos nos seguintes enlaces:
- TORNEO 3x3 INFANTIL E CADETE
- TORNEO 3x3 JÚNIOR, SÉNIOR E ADESTRADORES
NORMAS XERAIS:
- Cada equipo inscrito no Torneo 3x3 terá un número de equipo adxudicado, número que aparecerá nos calendarios de partidos. Dentro dunha mesma categoría haberá dous grupos, polo que ademais dun número cada equipo terá un color adxudicado (Grupo A: color vermello e Grupo B: colo azul).
- Os partidos do Torneo 3x3 se xogarán a media pista.
- Para comezar un novo ataque despois dun rebote defensivo é obrigatorio abrir ata a línea de triples. En caso de producirse un rebote ofensivo, non fai falla abrir.
- Cada partido do Torneo 3x3 de categoría minibásquet durará 5 minutos a reloxo corrido, no resto de categorías os partidos se xogarán a 6 minutos corridos.
- En Minibásquet non haberá triples, tódalas canastas terán un valor de 2 puntos. Nas demais categorías os tiros desde detrás da liña de 6,25 contarán 3 puntos a favor do equipo anotador.
- As finais e as semifinais se xogarán nas medias pistas da pista principal do Colexio Seis do Nadal.
- Os partidos serán arbitrados por membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia ou pola defensa en caso necesario.
- Non se permitirá o xogo sucio durante o Torneo 3x3. O uso do xogo sucio durante o transcurso do torneo é unha falta grave motivo de descalificación.


