Os nosos equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia de categoría cadete masculina, infantil masculina e infantil feminina xa coñecen os seus rivais e calendarios para a segunda fase da liga autonómica que comezará o primeiro fin de semana de Abril.
O sorteo dos grupos realizouse o pasado luns día 17 de marzo ás 17:00 (cadete) e 17:30 (infantil) na sede da Federación Galega de Baloncesto.
O Mondariz Seis do Nadal de categoría cadete masculina quedou encadrado para os postos do 9º ao 12º, despois de quedar en 6º lugar do Grupo "A", co Sigaltec B.B.C. (Vilagarcía de Arousa), RGC Software (Ferrol) e Gayolo Ford (Betanzos). O noso equipo comezará esta fase o próximo sábado 5 de abril xogando na pista do Sigaltec B.B.C. Para acceder ao calendario pulsa aquí.
Pola súa parte o Mondariz Seis do Nadal de categoría infantil masculina optará á loita polo título galego do 1º ao 4º posto despois de quedar en 2ª posición do Grupo "A", e enfrontarse ó 1º do seu grupo Mesón O Escudo (Ferrol) e o 1º e 2º do grupo B, Estudiantes de Lugo (Lugo) e Marín Peixegalego (Marín) respectivamente. Comezaremos esta loita polo título galego o próximo sábado 5 de abril na cancha do Marín Peixegalego. Para acceder ao calendario pulsa aquí.
O Seis do Nadal "A" de categoría infantil feminina xogará polos postos do 5º ao 8º fronte o Peleteiro (Santiago), o Maristas Celta (Vigo) e o Pontumio (Pontedeume); comezando esta segunda fase xogando en Santiago contra o Peleteiro o próximo sábado 5 de abril. Para acceder ao calendario pulsa aquí.



