viernes, 21 de marzo de 2008

OS NOSOS ALEVÍNS "A" NO III TORNEO CAIXANOVA MINIBÁSQUET DO C.B. BAIONA

 

O III Torneo Caixanova de Minibásquet organizado polo Club Baloncesto Baiona para as categorías Alevín Masculino e Feminino, terá lugar os próximos días 29 e 30 de marzo do 2008, tendo como escenario o Pavillón Municipal de Deportes do Exmo. Concello de Baiona.

Este ano do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participarán nesta nova edición do torneo o Alevín Masculino "A", adestrado por Idelfonso García, e o Alevín Feminino "A", adestrado por Marcos López. Ademais para esta edición, o torneo contará con clubes de Galicia, Castilla e León, Comunidade de Madrid e Portugal.

Se establecerán dúas fases: a fase previa, o sábado 29 de marzo, e a fase final, o domingo 30 de marzo. Na fase previa se establecerán dous grupos de catro equipos cada un tras sorteo previo. Se xogará unha liguilla, a unha volta, entre eles, clasificándose os primeiros de cada grupo para a fase final do día seguinte. Na fase final se establecerán dous grupos con tres equipos cada un (dous clasificados directamente e un clasificado na previa) todos eles por sorteo realizado anteriormente. Se xogará unha liguilla, a unha volta, entre eles, clasificándose os dous primeiros de cada grupo que xogarán unha semifinal en cruz. Das dúas semifinais saldrán os dous equipos que xogarán unha final a partido único.

Os equipos que entrarán no sorteo da fase previa tanto masculinos como femininos serán: C.B. Baiona "B" Anfaco, C.B. Seis do Nadal - Coia, E.D. Ourense, C.B. Arxil S. Moldes, C.B. Marín Peixefresco, Estudiantes Lugo, C.B. Airexa, La Salle C.B., C.B. Cluny A. Cortizo, Porta XI C.B.F. Ensino, Canteiras Porriño e Celta Caixanova. E os equipos que entrarán no sorteo da fase final tanto masculinos como femininos serán: C.B. Baiona, F.C. Porto, Estudiantes Madrid, Grupo Capitol Valladolid e os clasificados da fase previa.

O sorteo dos diferentes grupos se realizará o día da presentación do torneo aos medios, que será o 25 de marzo do 2008. Posteriormente publicaremos nesta páxina web os grupos e os calendarios.