sábado, 22 de marzo de 2008

OS ALEVÍNS FEMININOS NA FASE FINAL DO TROFEO DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2008

 

Os equipos Alevín Feminino "A", adestrado por Marcos López, e Alevín Feminino "B", adestrado por Aalí Mohamed, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia clasificáronse para a Fase Final do Trofeo Diputación de Pontevedra 2008 pola loita do 1º ao 8º posto.

 

O Seis do Nadal "A" formado na súa totalidade por xogadoras de segundo ano conseguiu a segunda praza do grupo B que lle garantizaba o pase á Fase Final da competición. A clasificación do grupo B foi a seguinte:

 

1º- MARISTAS CELTA

2º- SEIS DO NADAL "A"

3º- CANTEIRAS "A"

4º- C.B. CASELAS/E.D.M. SALCEDA

5º- C.B. ANFACO - BAIONA

6º- ENSEÑANZA

 

O Seis do Nadal "B" constituído exclusivamente por xogadoras de primeiro ano alevín conseguiron a segunda praza do grupo A despois de realizar unha máis que traballada primeira fase. A clasificación do grupo A foi a seguinte:

 

1º- COMPAÑÍA DE MARÍA

2º- SEIS DO NADAL "B"

3º- CANTEIRAS "B"

4º- C.B. AIREXA

5º- REAL CLUBE CELTA CAIXANOVA

6º- C. LOS SAUCES

 

Ambos equipos clasificados para xogar a Fase Final do Trofeo Diputación de Pontevedra 2008 de categoría Alevín Feminino loitarán polo título de liga fronte Maristas Celta, Canteiras "A", Compañía De María e Canteiras "B".

 

Esta segunda fase comezará a próxima fin de semana do 30 de marzo. O noso equipo Seis do Nadal "A" comezará esta fase na pista de Compañía de María, mentres que o Seis do Nadal "B" recibirá no Colexio Seis do Nadal ao Canteiras "A".

 

Para acceder ao calendario de partidos desta Fase Final do Trofeo Diputación de Pontevedra 2008 de categoría Alevín Feminino pulsa aquí.