O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia lanza unha campaña de captación de socios nesta tempada 2007-08. Esta idea nace co obxetivo de contribuír a que a nosa entidade sexa un dos clubes con maior número de socios e así poder realizar novos proxectos.
Para poder axudar nesta campaña soamente é necesario conseguir novos socios que queiran participar neste club e ser socio simptizante do Seis do Nadal por 20 euros.
Para axudar a realizar esta tarefa o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia creou unha ficha para que se vaian apuntando os datos dos novos socios simpatizantes que se consigan. E o mellor é que por cada cinco socios que se consigan se obterá un regalo distinto, E SIN SORTEO. Por cada cinco novos socios se poderán conseguir distintos regalos que de seguro van a gustar. Descarga aquí a ficha para poder conseguir os teus socios simpatizantes.
A maneira de actuar é a seguinte: por cada socio simpatizante que se consiga, se cubre unha das fichas de socio, se recorta e xunto co diñeiro correspondente a cada socio que se fai, se mete todo nun sobre, se escribe o nome e o equipo ao que se pertence e se entrega o sobre ao entrenador correspondente. Unha vez que se consigan cinco socios simpatizantes o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia se porá en contacto coa persoa que o conseguiu para que poida elixir o regalo que máis lle guste. Por cada cinco socios un regalo distinto.
Non o dubides e anímate a conseguir todos os socios simpatizantes que poidas para poder levarte grandes regalos.

