martes, 25 de marzo de 2008

OS NOSOS DEPORTISTAS NO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS ZONAIS

As cidades de Allariz e Lugo acollerán esta fin de semana do 29 e 30 de marzo o Campionato Galego de Seleccións Zonais Preinfantís e Precadetes, torneo que se celebrará a modo de concentración e enfrontará a 28 equipos representando ás diferentes delegacións da Federación Galega de Baloncesto distribuídos en dous grupos.

 

Os conxuntos estarán encadrados en dous grupos diferentes. O grupo norte acollerá aos equipos masculinos e femininos de Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago e o grupo sur fará o propio con Arousa, Ourense e Vigo. Así mesmo, o grupo norte desenvolverá a sua competición o sábado, día 29, na cidade de Lugo e, pola súa banda, o grupo Sur disputará o campionato o día 30 en Allariz.

Neste Campionato Galego de Seleccións Zonais participarán deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia en diferentes categorías. En categoría Preinfantil Masculina a selección contará con Miguel Oujo e Andrés Pérez, do Infantil Masculino "B"; e Celia Pérez do Infantil Feminino "A" participará coa Selección Viguesa Preinfantil Feminina.

O calendario establecido para os encontros dos dous grupos, así como a sede de cada ún, pódense consultar pinchando aquí.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte aos nosos tres deportistas seleccionados para disputar este Campionato Galego de Seleccións Zonais, e aproveitamos para desexarlle moita sorte a tódalas seleccións que representarán a Vigo durante esta fin de semana.