PRESELECCIÓN ZONAL PREINFANTIL MASCULINA

O próximo domingo 15 de marzo do 2008 ás 17:00 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Instituo do Castro en Hispanidad unha nova convocatoria da Preselección Zonal Preinfantil Masculina nesta tempada 2007-08.
Nesta convocatoria os xogadoras preseleccionados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia son Álvaro Gómez, Miguel Oújo e Andrés Pérez do Infantil Masculino "B", adestrados por Pablo García "Picher".
PRESELECCIÓN ZONAL PREINFANTIL FEMININA

O próximo luns 17 de marzo ás 12:05 horas no Instituo do Castro en Hispanidad terá lugar un novo adestramento da Preselección Viguesa Preinfantil Feminina nesta tempada 2007-08.
Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está convocada para realizar este novo adestramento da Preselección Zonal Celia Pérez do Infantil Feminino "A", adestrada por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
