viernes, 14 de marzo de 2008

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA NA 1º EDICIÓN DO TORNEO BASKETFOZ 2008

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará na primeira edición do Torneo BasketFoz 2008 dirixido a categorías base. O Infantil Masculino "A" (Mondariz Seis do Nadal), adestrado por Nuria Gómez e Noelia Duarte; e o Cadete Masculino "A" (Mondariz Seis do Nadal), adestrado por Marcos Blanco e Sergio González; son os dous equipos do club invitados a participar neste torneo.

 

O torneo terá lugar nas vacacións de Semana Santa os próximos 18 e 19 de marzo do 2008 en Foz (Lugo) no Pavillón de Marzán e no Pavillón Colexio Martínez Otero.

 

En categoría Infantil Masculina participarán cinco equipos que xogarán unha liga regular todos contra todos. Estudiantes Balogal (Lugo), Baloncesto Galicia (Ferrol), Grupo Covadonga (Gijón) e C.B. Celta Martínez Otero (Foz) serán os equipos contra os que xogará o Mondariz Seis do Nadal.

 

O noso equipo de categoría Cadete Masculina xogará nun grupo de catro equipos (todos contra todos) dos cales os dous primeiros xogarán a final e os outros dous equipos disputarán o 3º e 4º posto. Nesta categoría participarán o Grupo Covadonga (Gijón), Gayolo Ford (Betanzos), C.B. Celtas Martínez Otero (Foz) e o noso equipo do Seis do Nadal.

 

Tódolos participantes do torneo estarán aloxados nos apartamentos turísticos “Quinta da Mariña” en primeira liña de praia, polo que os nosos xogadores e adestradores poderán disfrutar non só da pasión polo baloncesto da villa de Foz senón tamén de tódolos seus encantos turísticos.