As nosas Seleccións Galegas de categoría Alevín Masculina e Feminina participan no XXI Campionato de España de Seleccións de Minibásquet que se celebra entre os días 15, 16, 17, 18 e 19 de marzo en San Fernando (Cádiz).
O XXI Campionato de España de Seleccións de Minibásquet, no que participan os nosos representantes masculinos e as nosas representantes femininas, celebra a súa fase regular os días 15, 16 e 17 de marzo. Posteriormente os equipos clasificados na fase regular desputarán os encontros de semifinais e finais os días 18 e 19.
As nosas representantes femininas participan dentro da Categoría Especial Feminina para loitar polo torneo. Están encadradas dentro do grupo A xunto a catro equipos máis. Os seus rivais directos serán Cataluña, Aragón, C. Valenciana e P. Asturias. O outro grupo desta categoría está formado por: Andalucía, Madrid, I. Baleares, Canarias e País Vasco.
Pola súa banda, os rapaces pertencen á categoría de Preferente Masculino e participarán para acadar o seu ascenso á categoría Especial Masculina. Están encadrados dentro do grupo C e, neste caso, Extremadura, La Rioja, Melilla e Ceuta serán os seus rivais. O grupo D, o outro grupo desta categoría de Preferente Masculino, acolle ao País Vasco, Murcia, Cantabria e Navarra.
Neste XXI Campionato de España de Seleccións de Minibásquet estará representado o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia en ambas categorías. Na selección masculina xogará Jorge Cabaleiro, do Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro (Seis do Nadal "A"), adestrado por Idelfonso García. En categoría feminina, participarán no campionato Sara Araújo, Sara Diéguez, Sara Fernández e Andrea Muñoz, do Seis do Nadal "A", adestradas por Marcos López.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte aos nosos deportistas no Campionato de España e invitámoslles a que aproveiten esta experiencia que teñen a oportunidade de vivir. Moita sorte rapaces e rapazas!

