O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conseguiu clasificarse para a fase final do III Torneo de Minibásquet que organiza o Club Baloncesto Baiona nesta fin de semana do 29 e 30 de marzo do 2008 no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona.
Na tarde do sábado 29 tivo lugar a fase previa desta terceira edición do Torneo de Minibásquet do Club Baloncesto Baiona. O noso equipo Alevín Masculino "A", adestrado por Idelfonso García, foi o primeiro clasificado do seu grupo o que lle garantía o pase á fase final do torneo que se disputará o domingo 30. Os nosos rapaces xogaron na fase previa contra La Salle de Santiago, as Escolas Municipais de Ourense e Airexa Nigrán conseguindo resultados ao seu favor nos tres encontros disputados.
O Alevín Feminino "A", adestrado por Marcos López e axudado neste torneo por Jorge Martínez, non conseguiu clasificarse para a fase final a pesar de realizar unha excelente fase previa. En primeiro lugar as nosas rapazas xogaron contra as Escolas Municipais de Ourense, partido que gañaron con gran facilidade; o seguinte partido foi un intenso e gran encontro contra o Maristas Celta, partido no que o noso equipo foi derrotado por unha diferencia de 32-35; e para rematar, o último partido da fase previa foi contra Airexa de Nigrán, encontro que novamente gañaron as nosas deportistas.
Desta forma o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado na Fase Final do III Torneo de Minibásquet do Club Baloncesto Baiona polo Alevín Masculino "A" (Autoescuelas Coya Celso Emilio Ferreiro). O noso equipo estará encadrado no grupo C da fase final xunto a Basket Porto (Portugal) e Grupo Capitol Valladolid, e xogarán o primeiro partido ás 09:00 horas contra o Basket Porto de Portugal, enfrontamento que lles pode clasificar para as semifinais do torneo.
O cadro de grupos da fase final e os calendarios cos horarios dos partidos os podedes consultar pinchando aquí ou no cartel do torneo.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia lle desexamos moita sorte ao equipo Alevín Masculino "A" na fase final do Torneo do Club Baloncesto Baiona, e lles damos a noraboa aos dous equipos que participaron no torneo, rapaces e rapazas, polo gran papel desenvolto durante a xornada do sábado.

