Os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participaron como xogadores/as das Seleccións Galegas Alevíns no XXI Campionato de Esapaña de Minibásquet de Seleccións Autonómicas nos contan a súa experiencia.
Jorge Cabaleiro contounos a súa semana no Campionato de España coa Selección Galega Masculina: "En San Fernando xogamos o Campionato de España Alevín. Galicia quedou segunda en preferente e ascendimos. Gañamos tódolos partidos excepto a final que perdimos de 11. No partido contra Ceuta gañamos 56-6, contra Extremadura conseguimos unha victoria por 76 a 26, contra La Rioja gañamos 85-34, contra Melilla tamén gañamos 70 a 20, pero contra Euskadi perdimos 76-87.
Foi moi divertido porque o pasamos moi ben e nas habitacións durmiamos seis compañeiros xuntos. Polas noites, nos deixaban un tempo para xogar con outras seleccións. A comida en Cádiz estaba moi boa e a xente era moi agradable. Fixen moitos amigos doutras partes de España pero o máis importante e que quedamos primeiros de grupo e segundos na clasificación final. Foron partidos nada fáciles e na final nos custou aguantar a Euskadi."
Sara Araújo tamén nos contou a súa experiencia no XXI Campionato de España de Minibásquet: "Elixíronme para ir coa Selección Galega de Minibásquet, o que me fixo moita ilusión porque coñecín moitas novas amigas cando nos convocaban para adestrar en Santiago, Ourense, A Coruña, etc.
Chegou o día 14 de marzo cando tiñamos que marchar a xogar o torneo, saímos de Santiago e fuimos todo en avión ata Xerez e despois en autobús nos levaron ata San Fernando en Cádiz. Chegamos a San Fernando e nos ensinaron o sitio onde íamos a durmir, eran uns "bungalogs", nos que en cada un durmimos seis compañeiras.
O primeiro partido foi pola mañá contra Cataluña, estabamos todas moi nerviosas e non xogamos moi ben. Ademais nos partidos había moito ruído e nos custaba escoitar ao adestrador. Despois pola tarde xogamos outro partido e así sucesivamente ata rematar a competición. Eu nos dous últimos partidos sentíame moi a gusto; me quedou un recordo moi bonito e unha pena grande porque puidemos facelo moito mellor.
Gustoume moito a excursión que fixemos a Cádiz na que puidemos ver unha procesión de Semana Santa. Teño moi bo recordo das xogadoras de Asturias e Castela e León e dos meus adestradores que aprendín moito con eles."
Sara Fernández, outra das xogadoras da Selección Galega Alevín Feminina, contounos desta forma a súa semana en Cádiz: "Esta última Semana Santa a pasei no Campionato de España de Minibásquet de Seleccións Autonómicas en San Fernando (Cádiz).
Aloxámonos no hotel Bahía Sur, preto de onde es celebrou o tribasket, unha competición de tiro, xogo e habilidade. As habitacións eran un dúplex para seis xogadoras. A comida era estilo "buffet libre" e tiñan moitísimos pratos para elixir, para distintos gustos e sabores.
O calendario constaba de cinco xornadas divididas en catro pavillóns: Bahía Sur, Parque I, Parque II e Cía de María. O primeiro día xogamos contra Cataluña e non nos foi demasiado ben... Esa mesma tarde nos medimos con Aragón, a cousa non mellorou moito, faltounos unha pouca de motivación. Ao día seguinte, o domingo, nos enfrontamos a Valencia, na primeira metade xogamos moi ben, gañabamos de 8 ao descanso, pero na segunda parte elas xogaron mellor e gañaron. Pola tarde xogamos contra Asturias, partido decisivo para nós, saímos "enchufadas", pero no cuarto cuarto decaídos e nos custou levantar.
O luns fuimos a Cádiz en tren y vimos xogar aos rapaces. O martes nos enfrontamos ao País Vasco, perdíamos de 40 ata que comezamos a estar máis acertadas ata chegar a unha diferencia de catro canastras. Agora temos que buscar as causas das derrotas para que non volva a ocorrer per me levo un gran recordo deste campionato e moitas amigas da selección".
Tamén Andrea Muñoz nos fixo a súa crónica do Campionato: "En Cádiz o pasei moi ben. Aínda que perdimos tódolos partidos a experiencia foi única. As nosas rivais eran moi duras, pero á vez eran xente encantadora. Fixemos moitísimas amigas de tódalas seleccións.
Estábamos aloxadas no Hotel Bahía Sur, onde durmíamos en apartamentos de seis persoas. ¡Superchulos! Regaláronnos moitas cousas como balóns, camisetas, libros, chaveiros, ... O día que tivemos libre, que foi o luns, nos fuimos en tren a Cádiz a pasar a tarde, onde puidemos ver un paso de Semana Santa e tamén fíxemos algunhas compras. Tamén xogamos ao tribasket onde disfrutamos competindo contra outras seleccións.
En resumen, o importante é pasalo ben e aproveitar a oportunidade de xogar ao baloncesto para coñecer xente e sitios novos, anque para iso se requira esforzo, dedicación e moitas gañas."

