sábado, 29 de marzo de 2008

AS SELECCIÓNS GALEGAS ALEVÍNS NO XXI CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MINBÁSQUET

A Selección Galega Alevín Masculina, selección na que participou Jorge Cabaleiro do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, acadou o segundo posto da categoría preferente na súa participación no XXI Campionato de España de Minibásquet McDonald´s de seleccións autonómicas. Este gran resultado outórgalles o ascenso á categoría especial, onde se atopan os mellores equipos.

A traxectoria dos nosos representantes masculinos neste XXI Campionato de España de Minibasket Mcdonald´s, celebrado en Cádiz entre o 15 e o 19 de marzo, foi moi positiva.

A Selección Galega Masculina regresou a casa cun balance de catro victorias e tan só unha derrota. Así, os triunfos chegaron nos seus catro primeiros encontros ante as seleccións de Ceuta (56-6), Extremadura (76-26), A Rioxa (34-85) e Melilla (70-20). Pola contra, a derrota presentouse no derradeiro encontro que desputaron neste campionato, ante unha potente Selección Vasca (87-76).

Pola súa banda a Selección Galega Alevín Feminina, selección na que xogaron Sara Araújo, Sara Diéguez, Sara Fernández e Andrea Muñoz do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, acadou o décimo posto da categoría especial na súa participación no XXI Campionato de España de Minibasket McDonald´s.

A traxectoria das nosas representantes femininas neste XXI Campionato de España de Minibasket Mcdonald´s, celebrado en Cádiz entre o 15 e o 19 de marzo, non foi tan positiva como a dos rapaces.

A Selección Galega Feminina regresou a casa cun balance total de cinco derrotas. Así, estes resultados negativos chegaron nos seus encontros ante as seleccións de Cataluña (71-21), Aragón (87-39), Comunidade Valenciana (33-63), Asturias (65-50) e País Vasco (69-81).