Ricardo García, actual xogador da canteira do Grupo Capitol de Valladolid, pasou estas vacacións de Semana Santa na cidade de Vigo e aproveitou para visitar ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, o seu club desde categoría benxamín.
Nesta curta estancia na nosa cidade, Ricardo nos explicou que "cada semana realizo cinco adestramentos. Entre estos adestramentos hai sesións de tiro cunha duración aproximada de tres horas e despois se fan adestramentos técnicos de dúas horas precedidos todos dun traballo físico consistente en carreira continua, traballo de musculación, traballo de forza, circuitos de condición física ou diferentes contidos físicos".
Polo de agora, o seu equipo na competición gañou tódolos partidos con bastante facilidade o que lles coloca como o equipo líder da primeira fase do grupo A da competición autonómica. Nestes momentos están xogando os cruces da competición o que lles pode lanzar cara o Campionato de España de categoría cadete. No primeiro cruce que xogaron contra o Ciudad de Ponferrada gañaron cun marcador final de 62 a 96.
Desde setembro, mes no que Ricardo comezaba a militar no Grupo Capitol Valladolid, os seleccionadores autonómicos se fixaron nel e contaron coa súa presencia na Selección Cadete de Castela e León. Tamén nos contaba que "a selección de Castela e León está formada por nove xogadores do Grupo Capitol de Valladolid, dous xogadores do Ponce de Valladolid e un xogador do equipo de Ponferrada". No Campionato de España de Seleccións Autonómicas quedaron clasificados en segundo lugar despois de perder na final contra a selección de Andalucía por 47 a 71.
Como Ricado nos contaba, desde que chegou a cidade de Valladolid non pararon de chegarlle boas noticias e experiencias inolvidables no mundo da canastra. Xogando na canteira do Grupo Capitol Valladolid e sendo un dos xogadores da Selección Autonómica de Castela e León, de seguro que Ricardo está pasando por un dos mellores momentos da súa carreira como xogador de baloncesto. Un dos moitos magníficos momentos que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexa que Ricardo poida vivenciar neste deporte. Moita sorte!
As fotos que Ricardo nos trouxo desde Valladolid, e que aparecen ao principio desta desta entrada, son dous momentos coa camiseta da Selección Autonómica de Castela e León. A primeira foto é un momento da final do Campionato de España de Seleccións que Ricardo xogou contra a selección de Andalucía. Na segunda foto podemos ver á Selección de Castela e León posando coas medallas de prata como Subcampións do Campionato.


