jueves, 14 de febrero de 2008

NOVA CONVOCATORIA DA PRESELECCIÓN VIGUESA PREINFANTIL MASCULINA 2008

 

O próximo domingo 17 de febreiro do 2008 ás 19:00 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Instituo Hispanidad unha nova convocatoria da Preselección Zonal Preinfantil Masculina nesta tempada 2007-08.

Nesta ocasión os xogadoras preseleccionados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para este adestramento son Álvaro Gómez, Brais Mallo, Miguel Oújo e Andrés Pérez do Infantil Masculino "B", adestrados por Pablo García "Picher".

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle novamente moita sorte a tódolos nosos xogadores nesta nova convocatoria da Selección Viguesa Preinfantil Masculina e invitámoslle a que aproveiten ao máximo a oportunidade.