jueves, 14 de febrero de 2008

AGRADECEMENTO DA FUNDACIÓN VIGO EN DEPORTE AO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

 

Estimados amigos/as,

 

A través da presente, a Fundación Vigo en Deporte quere expresar toda a súa gratitude polo apoio do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia á Candidatura de Vigo á Universiada 2013.

 

É por iso que, en primeiro lugar, grazas por participar e colaborar no acto do pasado mércores día 6 no Pavillón das Travesas, pois o reto era difícil con tan pouco tempo.

 

Grazas por crer firmemente en Vigo 2013.

 

Grazas por manter a ilusión e transmitila a todos.

 

Grazas por compartir o voso tempo.

 

Grazas pola vosa paciencia.

 

Grazas por vivir polo deporte.

 

E un sen fin de grazas máis a todos os rapaces e rapazas que demostraron o seu entusiasmo e que ¡estamos preparados!, impresionando á Comisión Técnica do Comité Español de Deporte Universitario e a todos os presentes. Por eles, tamén grazas.

 

Atentamente, Fundación Vide.