jueves, 14 de febrero de 2008

NOVA CONVOCATORIA DA PRESELECCIÓN ZONAL PREINFANTIL FEMININA 2008

O próximo domingo 17 de febreiro ás 17:00 horas terá lugar un novo adestramento da Preselección Viguesa Preinfantil Feminina nesta tempada 2007-08. Nesta ocasión a convocatoria se desenvolverá no IES do Castro na Avenida de Hispanidad.

As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocadas para realizar este adestramento da Preselección Zonal son Irea González do Alevín Feminino "A", adestradas por Marcos López; e Celia Pérez e Yrama Francisco do Infantil Feminino "A", adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte ás nosas xogadores e queremos animarlles a que aproveiten esta nova experiencia no mundo do baloncesto.