viernes, 15 de febrero de 2008

MÁIS DE 20.000 VISITAS NA PÁXINA WEB DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

 

páxina web do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia supera as 20.000 visitas. Este novo espacio web dispoñible desde o inicio da tempada 2007-08 xa recibiu máis de 20.000 visitas, o que supoñe un récord histórico de entradas para a páxina web da entidade en tan só seis meses. 

 

Esta nova web naceu o pasado 3 de setembro coa idea de conseguir un medio de comunicación, de información e de actualidade máis accesible e actualizado para todos e todas. Desde entón podemos dicir que esta web foi todo un éxito debido ao seu carácter interactivo, sinxelo e actualizado; e se converteu no principal medio de comunicación da entidade.

 

Con esta web tódolos visitantes teñen a posibilidade de estar ao día da información e da actualidade do noso club, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, un club que seguirá a traballar neste espacio para seguir mostrando facilidades e recursos a tódolos seus visitantes.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos agradecer o traballo e a dedicación das persoas que fan posible a existencia deste soporte de comunicación e a todos aqueles que contribúen ao mantemento e a mellora do mesmo. Para eles, o noso máis sincero agradecemento.

 

Se tes algunha suxerencia ou idea para seguir mellorando esta páxina web deixa un comentario nesta entrada ou envía un correo electrónico a baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com