O pasado mércores 6 de febreiro do 2008 pola tarde tivo lugar no Pavillón Municiapl de As Travesas unha xornada con máis dun millar de deportistas exhibindo carteis da Universiada cun obxetivo común: apoiar a candidatura de Vigo para a Universiada de Verán 2013.
Neste acto de apoio á candiadatura da cidade de Vigo estivo presente o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia cunha gran representación dos seus xogadores e xogadoras; desde os máis pequenos ata os máis maiores, ninguén deixou pasar esta oportunidade para apoiar esta gran iniciativa da cidade.
En dito acto, dous deportistas, en representación dos máis de mil xoves que asistiron ao Pavillón Municipal de As Travesas, leron unhas palabras para afianzar e resaltar o apoio co que conta a cidade de Vigo para a celebración da Universiada 2013. Estes dous deportistas foron un xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e unha xogadora do Academia Octavio Balonmán.
Os sete membros da Comisión do Consello Superior de Deportes que durante estes días estiveron evaluando a cidade de Vigo e a súa candidatura, e unha nutrida representación viguesa recibiron unha grata sorpresa co acto que os xogadores e xogadoras de Vigo prepararon en As Travesas gritando "estamos preparados" e expresando o seu desexo de colaborar co proxecto como futuros voluntarios da Universiada.
Pouco despois os homes que decidirán a pugna entre Vigo e Murcia o próximo 11 de marzo, abandonaron a cidade deixando no Consello a sensación de haber conseguir causar unha boa impresión.








