jueves, 7 de febrero de 2008

A FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO CONVOCA CURSOS DE ADESTRADORES/AS

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores e coa súa colaboración, convocará diferentes cursos de formación para adestradores e adestradoras de baloncesto este ano 2008. Os cursos convocados son:

- Curso de Iniciación

- Curso de Adestradores Nivel 1

- Curso de Adestradores Nivel 2

Cada un dos cursos presenta características, información e requisitos particulares que se poden consultar premendo en cada modalidade. Así mesmo, estes documentos incorporan o modelo de inscrición para cada curso.

Para máis información sobre os cursos visitar a páxina web da Federación Galega de Baloncesto ou poñerse en contacto co Coordinador Sergio González.