viernes, 8 de febrero de 2008

O SEIS DO NADAL REPRESENTADO NAS SELECCIÓNS GALEGAS DE MINIBÁSQUET

 

 

 

 

As Seleccións Galegas de categoría Alevín Masculina e Alevín Feminina teñen unha cita coa competición no vindeiro Campionato de España de Seleccións Alevíns que se disputará en San Fernando (Cádiz) entre os días 14 e 19 de Marzo.

 

Para afrontar este torneo existen xa un total de 12 rapaces e 12 rapazas seleccionados de xeito definitivo en cada selección, que participarán nunha concentración que terá lugar o vindeiro día 17 de febreiro no Colexio Compañia de María en Santiago de 10:30 a 18:30 horas.

 

Os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seleccionados de xeito definitivo para formar parte das Seleccións Galegas son Jorge Cabaleiro (Alevín Masculino "A") en categoría Alevín Masculina; e Sara Araújo, Sara Diéguez, Sara Fernández e Andrea Muñoz (Alevín Feminino "A") en categoría Alevín Feminina.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, desde tódolos seus estamentos, quere darlle a noraboa a Jorge Cabaleiro, Sara Araújo, Sara Diéguez, Sara Fernández e Andrea Muñoz por forma parte da Selección Galega e por ter a oportunidade de poder disputar un Campionato de España nas próximas vacacións de Semana Santa.