

O próximo domingo 10 de febreiro do 2008 ás 18:30 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Colexio Eijo Garay unha nova convocatoria da Selección Zonal Precadete Feminina desta tempada 2007-08.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia preseleccioniadas para este novo adestramento son Lara Espantoso, Lucía Estévez, Sara Graugés e Paula Iglesias do Infantil Feminino "A", adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte ás nosas xogadoras nesta nova convocatoria da Selección Viguesa Precadete Feminina.
