
Mónica Vila, adestradora do Infantil Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrará a Selección Zonal Minibásquet Masculina xunto a Sergio González nesta tempada 2007-08.
Desta forma Sergio González como adestrador principal e Mónica Vila como adestradora axudante compartirán pizarra e tempos mortos na dirección desta Selección Viguesa composta por xogadores benxamíns de segundo ano e alevíns de primeiro ano.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a Mónica Vila nesta nova experiencia na Selección Zonal Minibásquet Masculina e dámoslle a noraboa por entrar a formar parte do staff técnico de adestradores/as da Delegación Viguesa de Baloncesto.
