domingo, 3 de febrero de 2008

XXXII CURSO DE ADESTRADOR SUPERIOR DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO

A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Andaluza de Baloncesto, convoca o XXXII curso de Adestrador Superior que se celebrará en Málaga. Trátase dun curso con carácter federativo e levaranse a cabo os trámites pertinentes, tanto no CSD coma na Xunta de Andalucía, para tentar obter a súa aprobación administrativa e neste suposto poder optar ás convalidacións e homologacións das Titulacións Académicas de Técnico Deportivo Superior en Baloncesto.

Esta convalidacións e homologacións están estipuladas no Real Decreto 1363/2007 do 24 de outubro ( BOE 08.11.07), no Real Decreto 234/2005 de 4 de marzo (BOE 26.03.05) e no Decreto 172/2006, de 26 de setembro (BOJA 14.11.06).

O XXXII curso de Adestrador Superior comprende o ámbito nacional e estipula unha carga lectiva total de 820 horas. Establece un formato semipresencial ao que é preciso engadir o Periodo de Prácticas e o Proxecto Final. Esta carga lectiva axústase ao establecido no Decreto 172/2006, de 26 de setembro (BOJA 14.11.06) e o Currículo correspondente a este curso superior, estará conformado por un Bloque de Carácter Científico e Técnico Xeral, un Bloque Especifico de Baloncesto, un Bloque Complementario (tecnoloxía, educación en valores e idioma), un Bloque de Formación Práctica e o Proxecto Final.

PREINSCRIPCIÓN

Os interesados en realizar a preinscripción neste curso deberán remitir o seu curriculum académico e deportivo, sobre o que se tomará a decisión de matriculación. O curso está previsto para un máximo de 150 alumnos divididos en grupos de 30. Os requisitos de Preinscripción obrigan a ser maior de 18 anos e estar en posesión da titulación se segundo nivel, coas prácticas rematadas.

LISTA DE ADMITIDOS

A Escola Nacional de adestradores notificará, antes do 6 de marzo, o nome dos alumnos admitidos para participar no curso. Esta comunicación realizarase mediante as federacións autonómicas, o correo electrónico e a páxina web da FEB.

DATAS

Unha vez establecidos os participantes, o curso dará comezo o vindeiro día 11 de marzo na súa parte non presencial. Posteriormente, do 16 ao 30 de xullo, terá lugar a parte presencial.Finalmente, realizarase o Proxecto Final e a fase de prácticas, durante a tempada 2008/2009.

Para consultar e descargar a ficha de preinscripción e obter máis datos da convovatoria pódese acudir á web da Federación Española de Baloncesto.