martes, 5 de febrero de 2008

CONVOCATORIA DA PRESELECCIÓN ZONAL PRECADETE MASCULINA 2008

O próximo xoves 7 de febreiro do 2008 ás 19:00 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Colexio Apóstol Santiago a primeira convocatoria da Selección Zonal Precadete Masculina nesta tempada 2007-08 que estará integrada por xogadores de segundo ano de categoría infantil e xogadores de primeiro ano de categoría cadete.

Os xogadoras preseleccionados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para esta convocatoria son Pablo Bernal, Adrián Ramos, Francisco Reigosa e Joaquín Rodríguez e Álvaro Rodríguez do Cadete Masculino "B", adestrados por Enrique Celeiro e Albert Tomas. Pedro Alfaya do Cadete Masculino "A", adestrado por Marcos Blanco e Sergio González, non acudirá a este primeiro adestramento por lesión.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a tódolos nosos xogadores nesta primeira convocatoria da Selección Viguesa Precadete Masculina e invitámoslle a que aproveiten ao máximo esta nova experiencia deportiva.