

O próximo domingo 10 de febreiro do 2008 ás 17:00 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Instituo Hispanidad a primeira convocatoria da Selección Zonal Preinfantil Masculina nesta tempada 2007-08 que estará integrada por xogadores de primeiro ano de categoría infantil e xogadores de segundo ano de categoría alevín.
Os xogadoras preseleccionados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para este adestramento son Álvaro Gómez, Brais Mallo, Samuel Martínez, Miguel Oújo e Andrés Pérez do Infantil Masculino "B", adestrados por Pablo García "Picher"; e Jorge Cabaleiro do Alevín Masculino "A", adestrado por Idelfonso García e Miguel Diéguez, que sigue preseleccionado pola Selección Galega de Minibásquet Masculina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a tódolos nosos xogadores nesta primeira convocatoria da Selección Viguesa Preinfantil Masculina e invitámoslle a que aproveiten ao máximo esta nova experiencia a nivel deportivo.
