martes, 12 de febrero de 2008

COMEZA A 2ª FASE ALEVÍN MASCULINA DO TROFEO DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 07-08

 

O equipo Seis do Nadal "A" (Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro), adestrado por Idelfonso García e Miguel Diéguez, e o equipo Seis do Nadal "B", adestrado por Sergio González e Pedro Sobral; ambos de categoría Alevín Masculina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia remataron a primeira fase do Trofeo Diputación de Pontevedra 2007-08 de categoría Alevín Masculina.

 

O Seis do Nadal "A", formado íntegramente por xogadores de segundo ano, conseguiu o primeiro posto do grupo B despois de pasar invicto esta primeira fase, feito conseguido grazas a un duro traballo e esforzo constante. A clasificación do grupo B foi a seguinte:

 

1º- AUTOESCUELA COYA CELSO EMILIO FERREIRO

2º- SANTA JUANA DE LESTONNAC

3º- APOSTOL

4º- COLEXIO MARIANO MASCULINO

5º- CANTEIRAS "B"

6º- MARISTAS "B"

7º- C.B. AIREXA

 

O Seis do Nadal "B", formado na súa totalidade por xogadores de primeiro ano, conseguiu situarse nunha merecida cuarta posición do grupo A, grazas ao alto nivel de esixencia e constancia do equipo durante esta primeira fase da tempada. A clasificación do grupo A foi a seguinte:

 

1º- CANTEIRAS "A"

2º- MARISTAS "A"

3º- C.B. TUI "A"

4º- SEIS DO NADAL "B"

5º- C.B. BAIONA ANFACO

6º- COMPAÑIA DE MARIA

7º- COLEGIO LOS SAUCES

 

Xa rematada esta primeira fase, comeza esta fin de semana a segunda fase do Trofeo Diputación de Pontevedra de categoría Alevín Masculina. Esta segunda fase estará divida en dous grupos. No primeiro grupo competirán os catro primeiros clasificados de cada grupo da primeira fase, e no segundo grupo competirán os demáis equipos da categoría.

 

Deste xeito no grupo A desta segunda fase compartirán grupo os dous equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, o Seis do Nadal "A" e o Seis do Nadal "B", xunto ao Canteiras "A", Apóstol, C.B. Tui "A", Colexio Mariano Masculino, Maristas "A" e Santa Juana de Lestonnac.

 

Os calendarios de xogo desta segunda fase os podedes consultar pinchando aquí.