O equipo Júnior Feminino, Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco García, rematou a primeira fase da Liga FGB Júnior Feminina nesta tempada 2007-08.
A clasificación desta primeira fase do grupo foi:
1º- MAESTRO MATEO DISEÑO, S.L.
2º- CELTA CAIXANOVA
3º- ANDERSEN SEGUROS REALE
4º- PABELLÓN OURENSE
5º- CIDADE DE LUGO
6º- MONDARIZ SEIS DO NADAL
O pasado luns 11 de febreiro do 2008 tivo lugar na sede da Federación Galega de Baloncesto o sorteo dos calendarios dos grupos da fase de clasificación.
O Mondariz Seis do Nadal formará parte do Grupo B2 xunto a Fundaciones Rey Caixanova (Vilagarcía de Arousa), As Torres (A Coruña), Mercedarias Hotel Suizo (Ferrol), Celta Caixanova (Vigo) e Pabellón Ourense (Ourense).
Esta fase de clasificación comezará o próximo 24 de febreiro e se xogará polo sistema de liga (doble volta), pero tendo en conta que valen os resultados que obtiveron os equipos entre sí na primeira fase, polo que soamente se enfrontarán os equipos que procedan de grupos diferentes (6 xornadas).
Xa están dispoñibles os calendarios e as xornadas resultantes do sorteo dos cruces para a Fase de Clasificación da Liga FGB Junior Femenina na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com)

