lunes, 28 de enero de 2008

NOVA CONCENTRACIÓN DAS SELECCIÓNS GALEGAS DE MINIBÁSQUET

Os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia preseleccionados para as Seleccións Galegas Alevín Masculina e Feminina realizarán unha concentración que terá lugar do domingo 3 ao martes 5 de febreiro na localidade de Allariz (Ourense). O horario estipulado para o comezo da concentración é ás 16:30 horas.

Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Jorge Cabaleiro, xogador do Alevín Masculino "A" (Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro), foi convocado novamente coa preselección Galega Alevín Masculina. En categoría feminina as xogadoras do club convocadas ao adestramento da preselección Galega Alevín son Sara Diéguez, Andrea Muñoz e Sara Fernández, xogadoras do Alevín Feminino "A" (Seis do Nadal "A").

Desexámoslle moita sorte aos nososo xogadores e xogadoras preseleccionados para esta nova concentración das Seleccións de Minibásquet Masculina e Feminina.