martes, 29 de enero de 2008

CONVOCATORIA DA PRESELECCIÓN ZONAL PREINFANTIL FEMININA 2008

O próximo domingo 3 de febreiro ás 18:00 horas e o martes 5 de febrerio ás 10:00 horas terán lugar os primeiros adestramentos da Preselección Viguesa Preinfantil Feminina nesta tempada 2007-08. Estos adestramentos se desenvolveran no IES do Castro na Avenida de Hispanidad.

As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocadas para realizar estos adestramentos da Preselección Zonal son Sara Araújo e Irea González do Alevín Feminino "A", adestradas por Marcos López; Raquel Pérez e Laura Sánchez do Infantil Feminino "B", adestradas por Mónica Vila e Laura Iglesias; e Celia Pérez e Yrama Francisco do Infantil Feminino "A", adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte ás nosas xogadores e queremos animarlles a que aproveiten esta nova experiencia no mundo do baloncesto.