

O próximo domingo 3 de febreiro do 2008 ás 19:00 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Colexio Seis do Nadal a primeira convocatoria da Selección Zonal Precadete Feminina nesta tempada 2007-08.
As xogadoras pertencentes ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia preseleccioniadas para este adestramento son Lara Espantoso, Lucía Estévez, Sara Graugés e Paula Iglesias do Infantil Feminino "A", adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez; e Mónica López do Cadete Feminino, adestrada por Nuria Gómez.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte ás nosas xogadoras nesta primeira convocatoria da Selección Viguesa Precadete Feminina e invitámoslle a que aproveiten ao máximo esta oportunidade.
