martes, 29 de enero de 2008

CONVOCATORIA DA PRESELECCIÓN ZONAL MINIBÁSQUET MASCULINA 2008

 

 

O próximo domingo 3 de febreiro do 2008 terá lugar no Colexio Seis do Nadal ás 17:00 horas da tarde a primeira convocatoria da Preselección Viguesa Minibásquet Masculina dirixida polo noso coordinador e adestrador Sergio González nesta tempada 2007/08.

 

Os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocados a este primeiro adestramento da Preselección Zonal son Borja Astray e Juan José Fernández do Benxamín Masculino (Ópticas A&B Seis do Nadal), adestrados por Carlos Rodríguez e David Rodríguez; e Adrián López, Mario Álvarez e Hugo López do Alevín Masculino "B" (Seis do Nadal "B"), adestrados por Sergio González e Pedro Sobral.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte aos nosos xogadores nesta nova experiencia que teñen a oportunidade de vivir en primeira persoa e animámoslles a que aproveiten o adestramento para seguir aprendendo e mellorando.