Na tarde do domingo día 20 de xaneiro do 2008 celebrouse nas pistas do Colexio Seis do Nadal unha concentración de tódolos equipos pertencentes ás Escolas Deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, como unha nova iniciativa da entidade. Ademais dos xogadores e xogadoras das Escolas dirixidas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén participou nesta xornada o Colexio Amor de Dios cos seus equipos.
Desde as 16:00 horas da tarde e divididos en tres pistas, os rapaces e rapazas puideron xogar partidos de forma continua. Desta forma os nosos deportistas poñían en práctica os seus coñecementos do baloncesto e aproveitaban para seguir aprendendo e mostrarlle ós seus familiares as súas evolucións.
A resposta desta concentración das Escolas Deportivas, que se organizaba por primeira vez no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta nova temporada 2007-08, foi todo un éxito de participación. A gran resposta dos xogadores e xogadoras, e dos familiares fixo posible que a nosa entidade puidese oragnizar unha gran xornada na cal desde os máis pequenos ata os máis maiores disfrutaron practicando o deporte da canastra.













