viernes, 21 de diciembre de 2007

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSRIPCIÓN DA 2ª EDICIÓN DO CAMPUS DE TECNIFICACIÓN 07

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia amplia o prazo de inscripción do II Campus de Inverno 2007 "Xornadas de Tecnificación" ata o próximo XOVES 27 DE DECEMBRO. Aínda tedes tempo de facer a vosa inscripción para participar nestas xornadas de perfeccionamento. Non o dúbidedes e apuntádevos a esta segunda edición do Campus de Tecnificación.

 

O Club busca nestas xornadas reforzar o traballo de técnica individual dos nosos deportistas, fundamentalmente en idades óptimas para a formación.

 

Este II Campus de Inverno 2007 "Xornadas de Tecnificación" terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2008 no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Eijo Garay. Estas xornadas terán lugar polas mañás entre as 10:00 e as 13:30 horas. Poderán inscribirse nestas xornadas tódolos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia de categoría benxamín (1999) a categoría cadete (1992). O prezo deste campus é de 25 euros por participante.

 

Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista), antes do xoves 27 de decembro do 2007, ao correo electrónico: baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com ou ao número de fax: 986227275.

 

Podedes descargar o folleto do II Campus de Inverno "Xornadas de Tecnificación" pulsando aquí.