
O próximo sábado 22 de decembro terá lugar en Marín a IV Edición do Torneo Internacional Vila de Marín en idade de minibásquet. O noso equipo Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro, Alevín Masculino "A", adestrado por Pablo Álvarez, representará ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia neste torneo.
Oito serán os equipos que se darán cita no Pavillón Municipal de A Raña:
Grupo A: Básquet Porriño (Porriño, Pontevedra), Estudiantes Fundación Balogal (Lugo), Seis do Nadal Coia (Vigo, Pontevedra), G.D. Basquete Leça (Portugal).
Grupo B: C.B. Marín Peixegalego (Marín, Pontevedra), Salesianos COB (Ourense), Básquet Coruña (A Coruña), Colegio Agustinos (León).
Tódolos equipos loitarán por suceder no máis alto da clasificación á Selección Galega Mini Femenina, que se alzou coa III Edición no 2006 despois de gañar na final ao C.B. Seis do Nadal - Coia; aínda que todos coinciden en que o disfrute e o compañeirismo estarán moi por enriba da propia competición.
O calendario da primeira fase do Grupo A é o seguinte:
XORNADA 1
10:30 h. - BASQUET PORRIÑO vs SEIS DO NADAL
11:30 h. - ESTUDIANTES F. BALOGAL vs G.D. BASQUETE LEÇA
XORNADA 2
12:30 h. - ESTUDIANTES F. BALOGAL vs BASQUET PORRIÑO
13:30 h. - G.D. BASQUETE LEÇA vs SEIS DO NADAL
XORNADA 3
15:30 h. - ESTUDIANTES F. BALOGAL vs SEIS DO NADAL
16:30 h. - BASQUET PORRIÑO vs G.D. BASQUETE LEÇA
Ademais de tódolos partidos que se disputarán con motivo do torneo, a organización preparou diferentes actividades alternativas, como son os tradicionais concursos de triples e “2 Ball” (xogo de tiro por parellas).
O torneo comezará pois ás dez da mañá, estendéndose ao longo de todo o día. O terceiro e cuarto posto está previsto para as 18:30 horas e a gran final ás 19:30. A entrega de trofeos e a cerimonia de clausura terá lugar ás 20:45 horas.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexamos que o noso equipo Alevín Masculino "A" aproveite este torneo para pasar unha agradable e gratificante xornada de baloncesto e de convivencia.
