domingo, 23 de diciembre de 2007

AGRADECEMENTOS AO GDG BASQUETEBOL E ÁS FAMILIAS DOS DEPORTISTAS

 

 

 

 

 

 

Despois de participar no 3º Torneo Internacional de Nadal 2007 "50 Anos do GD Gafanha" de categoría Infantil Masculina e Feminina, tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, deportistas e adestradores que participaron no torneo, a Dirección Deportiva, a Xunta Directiva e os familiares d@s nos@s deportistas queren amosar publicamente o seu agradecemento ao GDG Basquetebol de Gafanha de Nazaré.

 

Máis concretamente queremos agradecer ao GDG Basquetebol a oportunidade que concede cada ano ao noso club e aos nosos deportistas para vivir unha experiencia tan gratificante a nivel deportivo e a nivel persoal como é o Torneo Internacional de Nadal.

 

Tamén queremos agradecer ás familias dos deportistas do GD Gafanha a súa amabilidade e o seu trato exemplar ao acoller nos seus fogares aos xogadores e xogadoras da nosa entidade e tratalos como se fosen un membro máis das súas familias.

 

Moitas Grazas Grupo Desportivo de Gafanha.