domingo, 23 de diciembre de 2007

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA NO 3º TORNEO DE NADAL DO GD GAFANHA

 

 

 

 

Os pasados venres día 21 e sábado día 22 de decembro os nosos equipos Mondariz Seis do Nadal (Infantil Masculino "A") e o Seis do Nadal "A" (Infantil Feminino "A") participaron no 3º Torneo Internacional de Nadal "50 Anos do GD Gafanha" organizado polo GDG Basquetebol en Gafanha de Nazaré, Portugal.

 

O equipo Infantil Masculino proclamouse campión do torneo despois de vencer na final ao Clube dos Galitos (Aveiro - Portugal). A clasificación do torneo en categoría masculina foi: 1º- C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo - España), 2º- Clube dos Galitos (Aveiro - Portugal), 3º- Illiabum Clube (Ilhavo - Portugal), 4º- FC Porto (Porto - Portugal), 5º- FC Gaia (V.N. Gaia - Portugal), 6º- GD Gafanha (Gafanha de Nazaré - Portugal).

 

O equipo Infantil Feminino conseguiu o terceiro posto despois de vencer ao Acert Tondela (Tondela - Portugal) no partido pola terceira e cuarta posición. A clasificación do torneo en categoría feminina quedou da seguinte maneira: 1º- Académica Coimbra (Coimbra - Portugal), 2º- GD Gafanha (Gafanha de Nazaré - Portugal), 3º- C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo - España), 4º- Acert Tondela (Tondela - Portugal), 5º- SC Coimbroes (V.N. Gaia - Portugal), 6º- FC Porto (Porto - Portugal).

 

Por enriba dos resultados deportivos do torneo é de destacar as xornadas de convivencia e compañeirisimo que viviron @s nos@s deportistas en Gafanha de Nazaré xunto aos deportistas portugueses do GD Gafanha. De seguro que a tódol@s xogador@s o torneo lles fixo crecer como xogadores de baloncesto e, o que é máis importante, como persoas.