viernes, 7 de septiembre de 2007

XORNADAS INTERNAS DE FORMACIÓN PARA ADESTRADOR@S DO SEIS DO NADAL

 
O pasado venres 7 de setembro pola tarde tivo lugar a segunda xornada de formación para adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Os primeros auxilios foron o tema principal desta charla que foi levada a cabo por Ricardo García na Mutua Maz da Rúa Camelias.
.
Nesta sesión os nosos monitores puideron recibir as nocións e guías básicas desas medidas ou actuacións que se realizan no mesmo lugar donde ocorre o accidente e con material practicamente improvisado ata a chegada do persoal especializado. Os primeros auxilios son accións de emerxencia para reducir os efectos das lesións e estabilizar o estado do accidentado, de ahí a importancia de ter un certo coñecemento neste campo.
.
Seguindo coa planificación destas xornadas formativas, o próximo domingo 9 de setembro ás 17:00 horas no Colexio Seis do Nadal terá lugar a seguinte charla que teñe por título "Baloncesto diversión" que será impartida por Vicente de Becerra "Chongo", vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto. Será unha charla de grande interese para tódolos oíntes xa que se fará fincapé neste importante aspecto do deporte que é a diversión, e que moitas veces é delegado a un segundo plano pola forza e a importancia que se lle da á competición incluso en curtas idades.