
Nesta nova temporada 2007-08 o Infantil Masculino "C" estará dirixido por Breixo Solla, adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e por Albert Tomás, nova incorporación ao staff técnico de
adestradores do club.Breixo Solla, adestrador do C.B. Seis do Nadal desde a temporada 2005-06, ademais de adestrar ao seu equipo federado tamén axuda e colabora nas escolas municipais. Albert Tomás é unha nova incorporación ao noso grupo de adestradores nesta nova campaña. Albert, natural de El Prat de Llobregat (Barcelona), foi xogador do C.B. Prat entre os anos 1992 e 2000, e foi segundo adestrador e delegado de Viladecans entre os anos 2003 e 2006. Vino a vivir a Vigo xa fai case ano e medio e tiña moitas ganas de entrar a formar parte dun club de baloncesto xa que o baloncesto é parte moi importante da súa vida e botaba de menos os adestramentos e a competición.
O equipo Infantil Masculino "C" estará formado por xogadores nacidos entre os anos 1994 e 1996. A idea fundamental deste grupo é axudar aos xogadores das escolas deportivas municipais a adaptarse ao baloncesto federado de xeito gradual e paulatino.
TRAXECTORIA NO CLUB (Breixo Solla):
- Desde a temporada 2005-2006 ata a actualidade.
- TEMPORADA 2006-07: Infantil Masculino "C".
- TEMPORADA 2005-06: Infantil Masculino "C".
