domingo, 9 de septiembre de 2007

"O BALONCESTO COMO DIVERSIÓN" TERCEIRA CHARLA INTERNA DE FORMACIÓN

. .
 
Este domingo 9 de setembro tivo lugar no Colexio Seis do Nadal outra charla interna de formación para adestradores e adestradoras organizada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Esta charla foi a terceira das xornadas de formación interna programadas e organizadas no mes de setembro para tódolos nosos adestradores.
.
Neste caso a charla levou por título "O baloncesto como diversión" e foi dirixida por Vicente de Becerra "Chongo", vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto. Nesta xornada os nosos monitores e monitoras puideron recibir información sobre a diversión no baloncesto, e sobre as formas de conseguir adestramentos e sesiones divertidas.
.
Durante a sesión manexáronse temas e conceptos tan importantes como a variedade dos adestramentos, o traballo en grupo ou en equipo, a confianza, a comunicación e a motivación. Todos eles ingredientes irremprazables para conseguir que os xogadores e xogadoras de baloncesto se poidan divertir mentres fan deporte.