lunes, 10 de septiembre de 2007

O NOVO ESPACIO WEB RECIBE MÁIS DE 1.000 VISITAS NUNHA SEMANA

O novo espacio web do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia recibiu máis de 1.000 visitas en sete días. O pasado luns 3 de setembro, fai hoxe unha semana, poñíase en marcha esta nova web, coa idea de conseguir un medio de comunicación, de información e de actualidade máis accesible e renovado para todos e todas; e desde entón son numerosas as visitas que recibe diariamente.