martes, 11 de septiembre de 2007

PAULA FERNÁNDEZ NOVA ADESTRADORA DO SENIOR FEMININO

O equipo Senior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia cambia de adestrador para iniciar a competición nesta nova temporada 2007-08 na novedosa Liga FGB Senior Feminina.
.
A nova encargada de dirixir a este equipo será Paula Fernández, coordinadora e adestradora de baloncesto nas escolas deportivas dos colexios Calasancias e Mariano de Vigo desde o ano 1984. Como xogadora formou parte da canteira do Colexio Mariano de Vigo en categoría alevín, infantil e cadete, xogou no Xerox (Celta Feminino) en categoría júnior e sénior , e tamén xogou no Adesa en categoría sénior.
.
Como adestradora, Paula posee o título de monitora de baloncesto (1995), o título de adestradora de baloncesto (1996), e tamén o título de adestradora deportiva concedido pola Universidade de León (2005).
.
Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia desexámoslle a Paula Fernández unha boa temporada no noso club e co que será o seu novo equipo, o Senior Feminino.