domingo, 2 de septiembre de 2007

CHARLA TÉCNICA DE ÁNGEL NAVARRO TODO UN ÉXITO

 
Esta fin de semana tivo lugar unha xornada técnica de formación para adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no Colexio Celso Emilio Ferreiro. O encargado de levar a cabo esta primeira xornada foi Ángel Navarro, adestrador cunha gran experiencia no noso deporte.
.
Nesta charla sobre "Ataque con espacios", Ángel Navarro intentou transmitir as ideas básicas para xogar ofensivamente con espacios. Ademais contou cun equipo do club co cal demostrou e ensinou como traballar estes conceptos ofensivos de xeito máis práctico.
.
Esta primeira charla que iniciaba unha ampla lista de xornadas de formación para adestradores que se realizarn no mes de setembro, foi todo un éxito e a resposta dos oíntes foi plena e contundente. Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia queremos agradecerlle a Ángel Navarro a súa disposición e a súa entrega durante a tarde do pasado domingo día 2 de setembro.