Breixo Solla, adestrador do Infantil Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, formará parte da organización do Eurobasket 2007 como voluntario do campionato.
.
O seu traballo na organización do Eurobasket ´07 que se celebrará en España comezará o próximo 4 de setembro e durará ata o día 17 do mesmo mes. Traballará como voluntario nunha serie de actividades que se organizan de xeito paralelo aos partidos do campionato na Plaza de Colón: campos de baloncesto para disputar partidos de 3x3, inchables varios, e moitas outras actividades para entreter a tódolos visitantes e aficcionados.
.
No seu tempo libre, Breixo poderá asistir aos partidos do Eurobasket xa que poseera unha acreditación para poder entrar nos distintos pavillóns nos que se vai a desenvolver o evento, e poder disfrutar dos encontros que se disputen.
.
Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia dámoslle a noraboa a Breixo Solla, xa que terá a oportunidade de vivir o Eurobasket 2007 en primeira persoa e moito máis de cerca, xa que será un dos integrantes dunhas das partes máis importantes da organización como é o grupo de voluntarios.