lunes, 3 de septiembre de 2007

SEGUNDA CHARLA DE FORMACIÓN PARA ADESTRADORES: "PRIMEROS AUXILIOS"

.
A segunda charla das xornadas internas de formación para adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia terá lugar o próximo venres 7 de setembro ás 16:30 horas na Mutua MAZ da rúa Camelias.
.
O tema desta segunda charla será "Primeros auxilios" e será impartida por José Ricardo García. Nesta xornada os adestradores poderán coñecer a forma de actuación e as medidas que tomar en caso de contusións, hemorraxias, feridas, queimaduras, esguinces, luxacións, fracturas, lipotimias, traumatismos, corpos estraños, atragantamentos e moitas outras situacións que se poden chegar a dar nun adestramento ou nun partido de baloncesto, e tamén en calquera outro momento da nosa vida cotidiana.
.
Desde a Dirección Deportiva do C. B. Seis do Nadal - Coia creemos que é de gran importancia que os adestradores teñan coñecemento e teñan certos recursos en caso dunha emerxencia determinada. Con esta charla estamos seguros de que acumularán máis información e máis coñecementos de primeiros auxilios na súa formación como adestradores e monitores.