lunes, 17 de septiembre de 2007

AALÍ MOHAMED ADESTRARÁ NESTA TEMPORADA AO ALEVÍN FEMININO "B"

Aalí Mohamed adestrará nesta temporada 2007-08 ao Alevín Feminino "B", equipo formado na súa totalidade por xogadoras de primeiro ano (1997).
 
Aalí é un dos adestradores con máis historia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, de feito na temporada 1983-84 xa estaba dando as súas primeiras indicacións polas nosas pistas, xunto unha serie de colaboradores que lle axudaron a arrancar nos momentos iniciais do que agora é o noso club.
 
O equipo que adestrará este ano quedou clasificado en primeiro lugar na Liga Zonal Benxamín Mixta a campaña pasada despois de realizar un excelente traballo de forma constante.
 
Agora comezan unha nova etapa de Minibásquet en categoría alevín. Este nova temporada comezará para o Alevín Feminino "B" o próximo mércores 19 de setembro ás 17:30 horas no Colexio Seis do Nadal.
 
TRAXECTORIA NO CLUB:
- Desde a temporada 1983-84 ata a actualidade.
- TEMPORADA 2006-07: Benxamín Feminino.
- TEMPORADA 2005-06: Infantil Feminino.