lunes, 17 de septiembre de 2007

PABLO ÁLVAREZ DIRIXIRÁ AO ALEVÍN FEMININO "A"

Pablo Álvarez dirixirá ao Alevín Feminino "A" nesta temporada 2007-08, equipo formado completamente por xogadoras nacidas no ano 1996, é dicir, xogadoras de segundo ano na súa etapa alevín.
 
Pablo comezou a súa andanza como adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na campaña 2001-02. Agora, ademais de pertencer ao staff técnico de adestradores tamén é o encargado da Dirección Xeral do C.B. Seis do Nadal - Coia.
 
O Alevín Feminino "A" conseguiu na pasada temporada ser o mellor equipo de primeiro ano da Liga Zonal Alevín Feminina. Neste novo ano plantéaselle un novo reto e un novo camiño, xa no seu úlitmo escalón na etapa de Minibásquet que comezará o próximo martes 17 de setembro ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal.
 
TRAXECTORIA NO CLUB:
- Desde a temporada 2001-02 ata a actualidade.
- TEMPORADA 2006-07: Alevín Feminino "B", Cadete Feminino e escolas deportivas.
- TEMPORADA 2005-06: Benxamín Feminino e escolas deportivas.